OBRADOIRO “DEIXA O MÓBIL E DEBUXA EN CORDEIRO
“Deixa o móbil e debuxa”, un obradoiro creativo de viñetas e humor gráfico que contou cunha vintena de nenos e mozos participantes.
A actividade ofreceu aos rapaces unha alternativa de ocio para este período estival, fomentando o entretemento activo e inculcándolles valores como a seguridade e a confianza en si mesmos, a perseverancia e o instinto de superación.
Aplicándo as técnicas que lles explicou o humorista gráfico Xosé Manuel Fernández Montes, os participantes botaron man do lapis e dos rotuladores para replicar algunhas ilustracións que o debuxante lles foi propoñendo
.