A MAXIA DE LER CONTA MOITO EN PADERNE
Na Biblioteca Municipal de Paderne, durante o dia de hoxe, os nenos e nenas que participan nas aulas de conciliación do verán puideron desfrutar dunha animada xornada , dentro do programa “Ler conta moito” levada a cabo polo Mago Pedro .
Durante a mañá os nenos foron partícipes deste obradoiro de maxia , no que non só aprenderon que os libros e a maxia están intimamente relacionados, senón tamén algúns trucos. Foron xogos con obxectos colidíanos e que poderán facer eles mesmos nas súas casas, sinxelos pero moi vistosos.
Foi preciso dividir ós asistentes en dous grupos para mellor aproveitamento da actividade. Sen dúbida unha animada e instrutiva mañá de maxia.