A cidade violeta na biblioteca de Xermade
O sábado, 21 de setembro, tivemos “A cidade violeta” de Anxo Fariña na biblioteca de Xermade; un obradoiro de ilustración e creatividade para tratar de acadar a igualdade, onde se trataron temáticas como o compartir as tarefas do fogar, a crianza e coidado dos meniñ@s, ou de como son algunhas actitudes da sociedade e de como deberían ser para acabar coa violencia de xénero e chegar á igualdade plena.