Contando números, cantando cores en Caldas de Reis
A Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis “P. M. Martínez Ferro” organizou o pasado venres 4 de outubro a actividade “Contando números, cantando cores” a cargo de Pablo Díaz. O músico coruñés moi coñecido pola xente miuda grazas aos seus traballos discográficos e colaboracións fíxonos reflexionar e por suposto pasalo moi ben cos seus contos e cantos.