Eli Ríos na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”.
Este martes 8 de outubro, a escritora Eli Ríos propuxo, partindo da primeira novela galega escrita sen xénero “DX”, abordar a diversidade sexual, a pornografía, as relacións consensuadas e o amor na adolescencia con rapazada do Instituto de Secundaria “Manuel Murguía” de Arteixo.
Preto dunhas 60 alumnas e alumnos pasaron pola biblioteca a escoitar a Eli e a participar e debatir sobre todas estas cuestións e ideas.