“XOGANDO COAS PALABRAS” en Vilanova de Arousa
A pasada tarde do 21 de outubro a maxia invadeu Vilanova de Arousa co espectáculo de Javier Muro “Xogando coas Palabras”.
Esta vez a actividade dirixeuse a un colectivo máis amplo, comprendendo público infantil e, por outra banda, espectadores da terceira idade.
O mago entretivo a todos con diferentes trucos baseados nas ilusións ópticas e os xogos de palabras, deixando claro que a maxia non entede de xeracións.
Por cuestións de mobilidade e aforo a representación tivo que pasar da Biblioteca a outra dependencia municipal situada nas inmediacións.