O legado de Verne, actividade de escaperoom en Narón
O mércores 7 de outubro os nenos e nenas de Narón disfutaron de O legado de Verne, unha actividade que adapta as características dos xogos de escaperoom ás condicións das salas das bibliotecas.
A través de pistas, acertixos e xogos con mapas ou puzzles os nenos e nenas tiveron que acadar un código para conseguir desviar un meteorito que ameazaba con impactar contra o noso planeta. Todas as pistas e xogos toman a obra de Jules Verne como fío condutor desta actividade da que os/as participantes saíron victoriosos.