Experimentos científico-artísticos de Fatiropina
Asistiron a esta actividade 22 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do C.P.I. de Pontecesures. Fixemos dous grupos polas características da actividade. Mentras un grupo asistía a esta actividade o outro visitaba un mural nun local casi anexo a Biblioteca e viceversa. Os experimentos científicos consistiron na construción dunha pila con tres limóns: orixe da enerxía e a produción de electricidade limpa.
O segundo experimento consisteu na extracción dos aceites esenciais das plantas aromáticas cun alambique para obter un perfume.
O terceiro explica e da unha visualización a tensión superficial que rodea os líquidos
En todos estos experimentos os alumnos e alumnas participaron moi activamente
A metade dos alumnos/as, en canto os seus compañeiros facian os experimentos, foron visitar o mural feito pola Escola de Pintura da Asociación A Barcarola. A partir dunha fotografía antiga pintaron un grande mural no clube xuvenil (nunha parede) que representa o paso do tren de Varela pola ponte de ferro en Pontecesures, sobre o río Ulla e coa locomotora Sarita. Esta foi a primeira línea de tren en Galicia: Carril- Cornes.