A verdadeira historia de Hamelín, en Dumbría
Moc Moc Mereclown visitou a ALM de Dumbría para presentarnos A verdadeira historia de Hamelín, o martes 21 de xullo.
A mañá morriñenta que nos tocou pasámola ben mellor cunhas risas.
A versionada historia do afamado flautista, adornada con malabares e clown, gustou moito aos nenos e nenas asistentes.