Mamá Cabra Visita Allariz con “Patrimonio Natural”
Comezamos as actividades do programa Ler Conta Moito 2021 coa vista de Gloria Mosquera e Tomi López e o seu espectáculo ” Patrimonio natural”.
Os nenos e nenas gozaron das cancións que nesta ocasión trataban do coidado da natureza, facendo reflexionar sobre a importancia de coidar o noso patrimonio natural.
Unha actividade dinámica e moi amena.
Pasámolo moi ben!!






