U-la lúa? de A Xanela do Maxín na Biblioteca Municipal de Lugo
Celtia Figueiras, de A Xanela do Maxín contounos a historia de Lúa, unha gatiña que non come ratos. O seu desexo é viaxar polo mundo e ir á universidade. A súa aboa e o seu amigo gato queren que quede na casa, pero ela non se resigna…
Unha historia na que os valores de igualdade están presentes e que encantou a nenos e nenas.