A Biblioteca de Ribeira foi a Artes
O 7 de maio a Biblioteca con Ler Conta Moito levou a Artes as cancións de Pakolas.
Ás 19.00 h o Centro Recreativo de Artes estaba cheo de público infantil e adulto ao agardo de que comezase o concerto do noso músico favorito, Pakolas, co seu traballo “Ramona Órbita”.
Cantamos, bailamos, e falamos do importante que é que nos fagamos socios e socias da Biblioteca para poder coller libros e lelos na casa. Xusto agora, antes do verán cando pechan as bibliotecas escolares, é o mellor momento para recordar que o carné da Biblioteca é moi útil. Porque Ler Conta Moito!