“CONTOS NUNHA RODA: MANUELA E MANUEL” do artista Tarabelos
O día 06/07/2022 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade: comeza presentando aos personaxes Manuel e Manuela e contando como son e o que lles gusta facer, remarcando os estereotipos de xénero. A continuación, e como se foran segredos dos protagonistas vai descubrindo os verdadeiros Manuel e Manuela, ao que lles gusta xogar, como son, a que teñen medo ou non, etc. rompendo con ditos estereotipos.
En todo momento tratase dunha actividade interactiva na que o artista pregunta e fala cos nenos e nenas sobre os personaxes e se están de acordo ou non coas súas formulacións.
A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.30 h; acudiron un total de 43 persoas: 23 nenos e 20 nenas dende os 6 anos ata os 13 anos de idade.