Cantamos? de Luis Vallecillo, na BPM de Os Tilos-Teo
O día 16 de maio, ás portas do Día das Letras Galegas, visitounos Luis Vallecillo para traer o seu libro-disco Cantamos? polo seu V Aniversario. Adapta musicalmente varios contos tradicionais nun espectáculo no que a interacción co público é moi importante