Contos Animados, Biblioteca de Vilalonga
O pasado xoves 25 de Abril, visitounos na Biblioteca de Vilalonga, Manuel Solla. Foi unha tarde moi divertida, disfrutamos dun espectáculo de animación á lectura con maxia, contos, monicreques, cancións. Unha maleta viaxeira sorprendeunos con seres fantásticos que habitan nela. Tamén houbo tempo para escoitar música de violín e bailar, para acabar cunha chiscadela á maxia.