pelusa e o libro máxico de Castelao viñeron a Maceda
O pasado venres 16 tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Maceda o espectáculo de monicreques “Pelusa e o libro máxico de Castelao”, da compañía TITERESNACASA.
Foi unha actividade moi entretida na que os nenos e nenas gozaron moito das aventuras de Pelusa, descubrindo a maxia dos libros e da imaxinación a través do teatro de títeres.
Queremos agradecer a participación de todas as familias asistentes e á compañía polo seu magnífico traballo, que fixo pasar unha tarde chea de diversión, risas e cultura.






