BOA FORNADA DO COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELEIRA TOMASA
Teatro Calavera estivo na BPM de Camariñas coa obra “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” e o obradoiro creativo de magadalenas con fondant.
Resultaron exitosas as dúas actuacións. Os nenos/as gozaron tanto da obra coma facendo as súas creacións coas magdalenas. O grao de satisfación foi moi alto. A escenografía moi traballada e a posta en escea impecable.





