Maxia teatral con Javier Muro Alonso
O día 4 de xullo na biblioteca de Sober estivo JAVIER MURO ALONSO.
A través da narración dun conto , que tiña coma protagonista a un neno que desexaba ser mago, e coa axuda do teatro e da maxia, este creador transmitiu aos nenos e as nenas presentes as aventuras do protagonista, con momentos de gratas sorpresas e cunha participación activa por parte do público asistente ao evento.




