DIA DA BIBLIOTECA EN DODRO
Onte, 24 de outubro, desenvolveuse na biblioteca de Dodro, o obradoiro creativo “Animalario Fantástico” a cargo de Crearte Servizos Culturais.

Partindo de narracións sobre animais mitolòxicos e fantásticos, os participantes, inspirados polo Animalario universal do Profesor Revillod, crearon o seu propio animal imaxinario, combinando diferentes partes de animais, describindo onde vive, que comen….Foi todo un exito!





