“Historias fabulosas con maxia” na biblioteca de Covelo.
O martes día 19 de maio tivemos a visita na biblioteca de Covelo da rapaciada do CEIP de Covelo para ver o espectáculo ofrecido por Ian e Elisa ( 2 MINDS COMBINED). Unha sesión de animación a lectura con maxia e sombras chinescas que fixeron que todos pasaramos unha mañá moi divertida e amena.






