Contos con Miró para festexar o Día da Biblioteca, na Axencia de lectura municipal de Chapela
Coñecendo a Joan Miró e ao Surrealismo, pero tamén achegándose ás historias clásicas de Andersen, os cativos e cativas que participaron onte nesta actividade non esquecerán esta tarde tan divertida.
Grazas a Tarabelos pola súa magnífica proposta literaria e artística para a rapazada de Chapela.
E, por suposto, unha boa actividade artística, anima aos lectores a achegarse aos libros de arte. Aquí volos presenta a biblioteca!
VER MÁIS NO NOSO BLOG:http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/10/a-biblioteca-de-chapela-celebra-con.html
Séguenos