Adolescentes adoptados: análisis de sus estilos de vida y relaciones
O Siis, Centro de Documentación y Estudios da Fundación Eguía Careaga infórmanos no seu Boletín de Infancia y Juventud, nº 275 deste documento editado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdad sobre os estilos de vida dos adolescentes adoptados
Moreno, C., et al., Adolescentes adoptados: análisis de sus estilos de vida, salud, ajuste psicológico y relaciones en sus contextos de desarrollo. Resultados del Estudio HBSC-2014 en España. Madrid, Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, 2016, 234 p.
O estudo sobre condutas dos escolares relacionadas coa saúde (Health Behaviour in School – aged Children ou HBSC) é un estudo internacional auspiciado pola Organización Mundial da Saúde, que comezou coa iniciativa de tres países (Finlandia, Noruega e Inglaterra) en 1982 e no marco do cal se viñeron realizando sucesivas edicións cada catro anos (a última en 2014), co fin de coñecer en profundidade os estilos de vida dos escolares e analizar a súa evolución.
Na edición 2014 do estudo HBSC puídose ter acceso aos datos dos rapaces e rapazas que foron adoptados en España. Entre os máis de 30.000 adolescentes de entre 11 e 18 anos que responderon ao cuestionario encóntrase una mostra represtativa de case 400 adoptados. Este estudo analiza os seus estilos de vida, saúde, axuste psicolóxico e relacións nos seus contextos de desenvolvemento.