Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Julio, 2016

03. agosto 2016 Normativa

Recogemos para su consulta una selección de normas relacionadas con las políticas sociales y publicadas en el DOG a lo largo del mes de julio

Resolución do 15 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016. (DOG nº 124, do 01.07.2016).

Orde do 17 de xuño de 2016 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma para o ano 2016. (DOG nº 125, do 04.07.2016).

Orde do 20 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017. (DOG nº 126, do 05.07.2016).

Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017. (DOG nº 126, do 05.07.2016).

Corrección de erros. Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017. (DOG nº 135, do 18.07.2016).

Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2016 (código de procedemento TR301V). (DOG nº 127, do 06.07.2016).

Decreto 76/2016, do 9 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2017. (DOG nº 128, do 07.07.2016).

Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. (DOG nº 131, do 12.07.2016).

Orde do 27 de xuño de 2016 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2016/17. (DOG nº 132, do 13.07.2016).

Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 133, do 14.07.2016).

Orde do 27 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento TR807I). (DOG nº 135, do 18.07.2016).

Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2016-2017, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020. (DOG nº 135, do 18.07.2016).

Corrección de erros. Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2016-2017, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020. (DOG nº 138, do 21.07.2016).

Lei 12/2016, do 22 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. (DOG nº 140, do 26.07.2016).

Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 140, do 26.07.2016).

Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se modifican os módulos económicos para a renovación anual do financiamento dos gastos de persoal dos servizos sociais comunitarios establecidos no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. (DOG nº 140, do 26.07.2016).

Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2016 (cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020). (DOG nº 140, do 26.07.2016).

Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á historia social única electrónica. (DOG nº 141, do 27.07.2016).

Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se convocan para o ano 2016. (DOG nº 141, do 27.07.2016).

Orde do 18 xullo de 2016 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego, dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 141, do 27.07.2016).

Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 142, do 28.07.2016).

Orde do 1 de xullo do 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal nas pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 142, do 28.07.2016).

Lei 13/2016, do 26 de xullo, de creación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia. (DOG nº 143, do 29.07.2016).

Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 143, do 29.07.2016).


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.