Estudio Tercer Sector y provisión de servicios: Prácticas europeas y lecciones para España
Recomendamos este informe que como novidade nos presenta Siis, Centro de Documentación y Estudios da Fundación Eguía Careaga
Fresno, J., & Rauchberger, A. (2016). Estudio Tercer Sector y provisión de servicios: Prácticas europeas y lecciones para España. Madrid: Plena Inclusión. 107 p.
O obxectivo deste informe é identificar modelos e prácticas europeas de participación das entidades do Terceiro Sector na provisión de servizos públicos, que estean a funcionar de modo satisfactorio noutros países da Unión Europea e dos cales se poidan extraer pistas e leccións para España. Sobre a base das experiencias analizadas e tendo en conta o contexto de cambios normativos europeos e nacionais, propóñense cambios e melloras que se deberían aplicar en España. Para iso analizáronse prácticas e fórmulas en funcionamento en cinco países: Austria, Alemaña, Suecia, Reino Unido e Italia. A selección destes países veu determinada por dous criterios: por unha parte tívose en conta que representen distintas traxectorias e modelos na implantación dos sistemas de benestar; por outra, que conten con experiencias máis avanzadas e consolidadas nos sistemas de partenariado entre administracións e entidades sociais na prestación de servizos públicos.