Memoria sobre la situación socioeconómica y laboral de España, 2017

16. Novembro 2018 Alertas

Esta memoria realizada polo Consello Económico e Social de España recolle unha análise sobre a situación socioeconómica en España durante 2017. Confirma que a recuperación social atópase por detrás da recuperación económica e preconiza a busca dun equilibrio entre a sustentabilidade dos sistemas de protección social e o mantemento da equidade


Consejo Económico y Social de España, Memoria sobre la situación socioeconómica y laboral de España, 2017. Serie: Memorias n. 25, Madrid, Consejo Económico y Social de España, 2018, 813 p.  — ISBN: 978-84-8188-377-0. — Depósito legal: M-21258-1994

O diagnóstico sobre a situación española que, para 2017, realizou o Consello Económico e Social de España a partir de fontes secundarias arroxa unha de cal e outra de area. O documento confirma que a recuperación económica consolidouse, e grazas a esta tendencia, o emprego creceu notablemente e o gasto social aumentou lixeiramente en termos absolutos. Con todo, no ámbito laboral a metade dos postos de traballo perdidos non se recuperaron aínda e persisten altas taxas de desemprego xuvenil e de longa duración; ademais, a segmentación do mercado mantense e os salarios creceron por baixo da produtividade. En canto ao gasto social, a medio prazo espéranse novos recortes en aras de garantir a estabilidade orzamentaria. O Consello interpreta estes datos no marco dun proceso de adaptación a un puñado de desafíos globais, entre os que destacan a economía dixital, a transformación do papel social das mulleres, as migracións a grande escala e o envellecemento demográfico. Desde esta perspectiva, preconiza a procura dun equilibrio entre a sustentabilidade dos sistemas de protección social e o mantemento da equidade.

http://www.ces.es/documents/10180/5888552/Memoria_Socioeconomica_CES2017.pdf