Pobreza infantil en Asturias (CDSSA. Dossier temático n. 1)

21. Novembro 2018 Alertas

O Centro de Documentación de Servizos Sociais do Principado de Asturias ofrece dossiers temáticos de fontes de información dispoñibles sobre temas de actualidade de ámbito social e destinado aos profesionais, estudantes e persoas interesadas en temáticas sociais.


CDSSA. Dossier Temático n. 1

https://www.socialasturias.es/dossieres-tematicos-especializados/centro-de-documentacion/dossieres–tematicos_852_1_ap.html

Pobreza infantil en Asturias / Begoña López González… [et al.]. — [Oviedo] : Consellería de Servizos e Dereitos Sociais, Dirección Xeral de Planificación, Ordenación e Innovación Social do Principado de Asturias, 2018. 31 p. — (Infobservass ; 2) (Dossier temático CDSSA ; 1)

 Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons Recoñecemento 4.0 Internacional

Este primeiro número está dedicado á pobreza infantil e editado en conmemoración do día 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.

Está dedicado á análise e ao estudo da desigualdade e a pobreza. O seu carácter descritivo constitúe unha aproximación a unha realidade que centrándose na poboación adulta enmascara a situación vivida polos menores. Para analizar esta situación utilízanse os datos obtidos a partir da Enquisa de Condicións de Vida ( ECV), cuxo obxectivo fundamental é poñer á disposición de administracións e cidadáns unha fonte estatística de referencia sobre a distribución de renda e as condicións de vida no ámbito europeo.

Acompáñase dun dossier documental que ofrece unha selección da información máis relevante sobre pobreza infantil, elaborado polo Centro de Documentación de Servizos Sociais de Asturias ( CDSSA).