Guía práctica | Os xestores de contrasinais: 3 exemplos

xestores_contrasinais

Seguro que non lembrades todos os servizos web nos que vos rexistrastes. E ás veces custa lembrar os contrasinais para os que non usamos moi a miúdo. Coñecedes os xestores de contrasinais? Antes de usalos adicade 5 minutos a ler opinións de usuarios e asegurádevos de que usades un servizo seguro.

LastPass

É un servizo de xestión de contrasinais multiplataforma que ademais está dispoñible como complemento para navegadores como Google Ghrome ou Firefox. Para usalo só temos que lembrar un contrasinal co que abrir a aplicación e acceder ao resto. A versión gratuíta sérvenos para o ordenador. Para o móbil temos que pagar 1$ ao mes.

1Password

Dispoñible para varias plataformas, permítenos administrar todos os nosos contrasinais dende un mesmo sitio. Funciona igual que LastPass, necesitamos un contrasinal para acceder a todas as nosas claves de acceso. A política de prezos é diferente; podedes botarlle un ollo nesta ligazón.

KeePassX

KeePassX

KeePassX é un xestor de contrasinais multiplataforma open source. Xera arquivos cifrados cos nosos contrasinais que podemos gardar nunha carpeta compartida ou enviar por correo se o necesitamos. Podedes conseguilo dende a súa páxina de descargas.

Fonte: hipertextual.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.