Iniciación a internet, xestión de redes sociais ou creación de carteis e folletos, no calendario de cursos da CeMIT

Cemit_Verin

Aula CeMIT Verín

Seguro que a estas alturas xa sabedes que podedes formarvos en novas tecnoloxías en Galicia a través da Rede CeMIT ou no CDTIC, de maneira gratuíta. Cales son os temas para os cursos e as actividades das próximas semanas?

Comezamos polo principio. Por un curso de iniciación a internet que se vai a celebrar na aula CeMIT de Pontevedra a partir do 27 de marzo. Falarase de ferramentas de busca de información con pedagoxía adaptada a persoas maiores. O mesmo día pero en Ribadeo, o curso será sobre xestión de redes sociais. Esta formación está destinada a empresarios e emprendedores.

Necesitades unha web? Na aula CeMIT de Ourense, a partir do 6 de abril, celebrarase unha formación sobre creación de páxinas web con Joomla. Está destinada a persoas que non coñezan a plataforma. No calendario da Rede CeMIT poderedes atopar a continuación a este curso.

Coñecedes Skype? A actividade “Comunícate por Skype” celebrarase na aula CeMIT de Ames do 7 ao 16 de abril. Na programación están os mecanismos e ferramentas para a comunicación en tempo real na rede a través desta aplicación. Pode resultar moi útil para a comunicación con clientes ou colaboradores, por exemplo.

Creación de páxinas web, comunicación vía Skype, e creación de carteis e folletos. Tamén en Ames, do 8 ao 29 de abril, celébrase esta formación de deseño con Inkscape. Resultaravos moi útil para coidar a vosa imaxe ou a da vosa empresa na rede.

Na web da CeMIT tedes toda a información que necesitades e acceso ao calendario de actividades completo.

Tendas en liña, WordPress e marketing de atracción para o sector turístico no CDTIC

No calendario do CDTIC atopamos unha formación sobre xestión de tendas en liña, sobre que erros debemos evitar, un seminario sobre xestión avanzada de WordPress, para profesionais TIC, autónomos, etc., que queiran crear unha web nesta plataforma, ou outro sobre marketing de atracción para o sector turístico. Quen se apunta? Sobre que tema vos gustaría formarvos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.