O Centro Demostrador TIC (CDTIC) celebra nos vindeiros días de abril varias actividades que poden ser do voso interese.
Quen visita a túa web? A resposta con Google Analytics (19 abril)
As persoas que asistan a esta sesión serán capaces de comprender o valor e a importancia da analítica web no marketing en liña así como de empregar Google Analytics e os seus indicadores para mellorar e controlar o rendemento das súas webs.
Xestiona a túa empresa en mobilidade (20 de abril)
A través deste seminario os asistentes poderán ver unha demostración sobre a funcionalidade dun ERP con cadros de mando de comerciais, orzamentos, facturas, contabilidade, tesourería etc.
Ademais, darase a coñecer de primeira man a maneira máis económica e áxil do proceso de firma de documentos (orzamentos, facturas, contratos, nóminas etc.).
Mellora a túa produtividade e a xestión do tempo desde o móbil (28 de abril)
As persoas que asistan a esta sesión serán capaces de xestionar e priorizar as tarefas máis salientables e apoiarse coas aplicacións dispoñibles.
No CDTIC hai actividades todos os meses! Para inscribirse a estas, date de alta ou rexístrate no Espazo Empresa e Profesionais.


