Cursos nas aulas Cemit que comezan nos vindeiros días

Aínda que sexa un mes de chuva, que iso non sexa un impedimento para que continuedes coa vosa formación en novas tecnoloxías. Nas aulas Cemit hai moitas novidades para vós no mes de abril.

banner_cemit

Prezi, Unha presentación diferente. 10h (Pontevedra, inicio 18 de abril): Curso de capacitación avanzada en ferramentas TIC para empregar a ferramenta de presentación multimedia Prezi.

Iniciación á informática. 10h (Pontevedra, inicio 18 de abril)

Como crear distintas contas de usuario na miña tablet/smartphone. 10h. (Leiro, inicio o 18 de abril)

Comunicación en tempo real por internet. 8h. (Cuntis, inicio 18 de abril). Mecanismos e ferramentas para a comunicación en tempo real a través da internet.

Google Apps: uso das aplicacións web gratuítas de Google. 16h. (Santa Comba e Oroso, inicio 18 abril). Aproveitar todos os recursos gratuitos das aplicacións online disponibles na plataforma de Google. Vincular as plataformas Web e móvil e beneficiarse da nube de Google para realizar copias de seguridade de ficheiros, documentos, contactos… Contidos: Alta e configuración da conta de Google. Configuración de Gmail. Configuración de Google Calendar. Configuración de Google Drive. Configuración de Google Docs . Configuración de Google+. Personalización de procuras. Personalización de rutas con Google Maps e My Maps. Uso de recursos coma o tradutor, libros ou shopping.

Elabora o teu curriculum. 6h (Vilar de Santos, inicio 19 de abril) Coñecer todo o que se necesita saber para elaborar un CV e adaptalo ás diferentes candidaturas.

Microsoft Access. 42h (Brión, inicio 19 de abril). Creación e edición de bases de datos en software libre.

Aprende a usar o teu Smartphone o Tablet – Sácalle partido. 15h (O Barco, inicio 25 abril).

Skype. 1,5h (Xunqueira de Ambía, 21 de abril).

Crea a túa páxina web. 10,5h (Ames, 25 de abril). Formación para a creación de páxinas web.

 

Busca de emprego a través de internet. 6h. (Vilar de Santos, 26 de abril)

Informática para maiores. 11h. (Vedra, inicio 26 abril) Nivel medio. Inicio básico no uso dun ordenador dirixido a maiores de 55 anos. Adaptación dos métodos pedagóxicos a este colectivo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.