
Adaptar o noso negocio e empresa ao mundo dixital é algo que pode parecer complicado, pero o certo é que se o facemos, pode darnos moitas alegrías e ese plus de competitividade que necesitamos como empresarios. Para axudar nesta tarefa, a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) lanzaron o programa Reacciona TIC destinado a axudar ás pequenas e medianas empresas a dar o salto dixital.
Para coñecer un pouco máis como funciona este programa, está a organizarse un ciclo de seminarios web (webinars) para difundir os servizos que ofrece este programa, cuxa primeira convocatoria aínda está vixente ata o 28 de febreiro.
Estes 7 seminarios web están abertos a calquera persoa que desexe coñecer máis a fondo o programa. Serán sete en total, celebrándose os venres de cada semana de 9:30 a 10:30 horas, podendo seguirse en streaming a través da web. Nestes webinar mostraranse temas como as vantaxes dos diferentes servizos que se ofrecen desde Reacciona TIC, as aplicacións de solucións en mobilidade ou a xeración de modelos e simulación industrial
O calendario das presentacións e a súa temática é o seguinte:
- 3 de marzo. Como vender máis? Ferramentas de marketing para incrementar as vendas
- 10 de marzo. A dixitalización como clave para a mellora da xestión na peme
- 17 de marzo. Está a túa empresa preparada para o futuro? Plans e tendencias
- 24 de marzo. A industria 4.0 e o seu impacto no ámbito da cadea loxística
- 31 de marzo. A filosofía Lean e os seus beneficios para reducir custos na cadea de subministración
- 7 de abril. Incrementa a competitividade da túa peme cos ecosistemas de colaboración
Se se desexa asistir ás xornadas, pódese facer a través do correo electrónico comunicacion@reacciona.igape.es ou a través do teléfono 986 419 922 (ext. 2030).

