Catro ferramentas imprescindibles para xestionar as túas redes sociais

Todos sabemos que as redes sociais son un sitio no que hai que estar si ou si, sobre todo se es unha empresa que quere vender a través da rede ou atraer a novos clientes mediante ela.

Pero ter presenza en redes sociais non é o único que hai que facer, se non que hai que xestionar esa presenza a través de xeración de contido e monitoraxe dos perfís das diferentes redes nas que estamos presentes. Como se fai isto? Pois hai dúas opcións: a man ou a través de ferramentas que nos facilitan o traballo. Hoxe queremos ensinarvos unha pequena lista con algunhas destas ferramentas que fan máis sinxelo o día a día en redes sociais.

Hootsuite

É a ferramenta máis veterana e unha das máis completas para xestionar perfís de redes sociais. É compatible con todas as que hai e permítenos programar mensaxes, colaborar en grupos, crear diferentes columnas de mensaxes con procuras ou monitoraxe de  hashtags e ata automatizar certas accións.

Hootsuite ten un plan gratuíto que podemos probar, pero se queremos utilizalo a fondo, o máis recomendable é adquirir un dos seus plans de pago.

Buffer

Se o único que nos interesa é programar contido e monitorar que ocorre con el,  Buffer é a nosa opción. Cunha interface moi sinxela e clara, esta aplicación web permítenos xestionar as nosas redes sociais da mellor maneira.

A opción gratuíta permítenos xestionar un perfil por plataforma (Twitter, Facebook,  Linkedin Google Plus e  Instagram) e enviar ata 10 mensaxes ao día. Por suposto, se queremos máis, os seus plans de pago son bastante alcanzables.

Sociablade

Como monitoreamos e xestionamos unha canle de  YouTube? Se somos dos que usamos esta rede social de vídeo,  Sociablade é a páxina que debemos utilizar si ou si. Proporciónanos estatísticas moi completas coas que analizar o estado das nosas contas. Ademais, permite ver as estatísticas doutros  usuarios, polo que podemos ver como o está facendo a competencia con tan só un  click.

Metricool

Se queremos unha ferramenta web que nos permita  programar e nos de unhas estatísticas claras e de bo ver, Metricool é a nosa opción. Son españois e a súa plataforma é compatible con Facebook Twitter,  Instagram e  Linkedin e permite levar un calendario de publicacións, ver as estatísticas de rendemento e xerar informes de maneira automática para nós mesmos ou para ensinar ao cliente.

Tamén permite engadir nosa propia web e monitorala coma se unha rede social máis se tratase. Ten plan gratuíto ademais dos de pago con máis opcións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.