Tres cousas que podes facer co Excel e que seguro que non sabías

Excel é o programa de creación e xestión de follas de cálculo por excelencia. Aínda que existen outras opcións como Libreoffice ou Google Docs, o programa de Microsoft é na actualidade uno dos máis utilizados para esa tarefa.

Nin máis nin menos, a semana pasada Microsoft Excel cumpriu 30 anos, e aínda que os anos pasan por el grazas ás diferentes actualizacións, segue servíndonos para xestionar follas de cálculo como o primeiro día. Pero o que seguro que moitos non saben son as outras cousas que se poden facer co programa de Microsoft. Hoxe ensinámosvos unha lista coas máis curiosas:

Arte

Lestes ben. Co Excel pódese facer arte, e se vos custa crelo mirade a obra de  Tatsuo  Horiuchi, que utiliza a ferramenta de creación de formas do programa para crear cadros tan impresionantes como o que acompaña este artigo.

Animacións dos anos 90

Botas de menos a década dos 90? Pois tamén o fixo este usuario, que grazas á linguaxe de programación Excel  VBA, foi capaz de crear estas animacións tan noventeras cunha simple folla de cálculo. A música de 8  bits é poesía para os nosos oídos.

Un clon de  Tetris 

Procrastinas na casa? Pois podes programar en Excel un clon do  Tetris e retar aos teus compañeiros para conseguir a mellor puntuación. Isto é o que fixeron  Hamish e Andy, que se sacaron da manga este xogo que se executa na folla de cálculo.

4 comentarios

  1. Karlggest

    Excel nunca foi millor que outras follas de cálculo e hoxe non fai nada que non fagan outras. ¿Pagan ben a publicidade?

    Reply
    1. xentedixital

      Ola Karlggest!

      Nunca dicimos que Excel sexa millor nin moito menos. So aproveitamos o seu aniversario para falar de curiosidades que se poden facer con el, da mes ma maneira que falamos de moitos outros programas, sexan de pago ou non 🙂

      Reply
  2. tuco

    A ver se sodes capaces de facer iso co LibreOffice, que é o que se usa nas administracións públicas

    Reply
    1. xentedixital

      Seguramente se poida tuco, pero nós non nos atrevemos que non temos tanto xeito coas follas de cálculo! 🙂

      Reply

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.