3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación.
Whatsapp é consciente do nivel de utilización da súa app e por iso escoita as necesidades e peticións dos seus usuarios e está continuamente actualizando as súas funcionalidades e os servizos que ofrece.
Ademais das funcionalidades que xa se implantaron nos últimos meses, a app ten pensado lanzar proximamente 3 novas funcionalidades para facernos a vida un pouco máis sinxela: o modo multidispositivo, un novo modo para as mensaxes temporais e a eliminación de contidos.

Modo multidispositivo
Por una parte, o modo multidispositivo vai permitir aos usuarios poder utilizar unha mesma conta de Whatsapp en catro dispositivos distintos (teléfono móbil, ordenador, iPad, etc.) sen necesidade de conectarse a internet e tendo todas as conversacións e contidos multimedia dispoñibles en cada un dos equipos conectados grazas a sincronización automática.

Fotos e vídeos que se autoeliminan
En canto ás medidas de privacidade e seguridade que se foron implantando progresivamente, especialmente dende a actualización da lexislación referente á protección de datos, chega agora unha nova funcionalidade para seguir reforzando todos os aspectos relacionados: fotos e vídeos que se autodestrúen unha vez o receptor abra os archivos.

Transferir chats de Android a Iphone
A última novidade que lanzará Whsatapp nos próximos meses é a posibilidade de pasar os chats gardados nun teléfono Android a un Iphone ou viceversa, que ata agora era unha tarefa complicada polas diferenzas entre o almacenamento na nube de ambos sistemas operativos. Coa nova funcionalidade, só será necesario dispoñer dun cable que vincule ambos dispositivos para facer a transferencia de contidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.