
Recibir chamadas de números de teléfono que non coñecemos é habitual no noso día a día. Na maioría de ocasións estes números pertencen a axencias de telemarketing que só queren ofrecernos produtos ou servizos a través do teléfono.
Que facer con estas chamadas? Moita xente opta por non contestar os números que non coñece, pero pode ocorrer que si que esteamos a esperar unha chamada dalgún número deste tipo e queremos filtralo dalgunha maneira.
Afortunadamente, en España é obrigatorio que as empresas dedicadas ao telemarketing utilicen números públicos (nunca en privado), polo que na internet podemos atopar varias páxinas que nos din a quen pertence ese número que nos chamou. Estas base de datos non son sempre fiables xa que estes números cambian con moita frecuencia, pero en moitas ocasións pódennos axudar. Hoxe ensinamos as máis útiles:
ListaSpam
Esta páxina permite saber se un número ten denuncias asociadas e a quen pertence. O interesante desta páxina é que non necesita que nos rexistremos, permitíndonos facer a procura do teléfono nada máis entrar. Segundo eles, a súa base de datos permitiu identificar numerosas estafas telefónicas.
WhoCallsMe
Aínda que a páxina está en inglés, Who Calls Me realizar procuras de teléfonos de todo o mundo. O funcionamento é idéntico, e tras colocar o número no buscador apareceranos a información ou teremos a opción de reportalo.
¿Quién me llama?
O deseño de ¿Quién me llama? é moi minimalista e ao entrar xa vemos un gran buscador sobre o que colocar o número que queiramos consultar. Xusto debaixo aparecen historias relacionadas con estafas e teléfonos de spam.
TelefonoSpam
Ademais do clásico buscador, na portada de TelefonoSpam inclúese incluse o top de teléfonos buscados e o top de teléfonos clasificados como Spam (lista encabezada polo 11887).
Tamén podemos enviar denuncias, descubrir cales foron os teléfonos buscados e navegar por prefixos nacionais e internacionais.

