Ata fai ben pouco, o software libre era un gran descoñecido no sector empresarial galego, e a meirande parte das empresas optaban por solucións de software propietario. Pero nos últimos anos esa tendencia está a mudar.
Beneficios do software libre
Máis aló das consideracións éticas que amparan o nacemento do software libre, os beneficios do uso de software libre son innegables.
- Aforro en lizencias: ao contrario do que sucede co software propietario, no software libre non se pagan licenzas polo seu uso, co aforro de costes que supón o desenvolvemento dun produto ou servizo utilizando esta tecnoloxía.
- Independencia tecnolóxica: o código non é secreto, é aberto, o que permite desenvolver novos produtos ou ampliacións sen partir de cero.
- Ecosistema empresarial: cando o software é libre, as posibilidades de que máis empresas utilicen ese código para crear novos produtos e servizos en función da demanda que poidan detetar.
O catálogo TIC
O Catálogo de Produtos e Servizos TIC baseados en softwar libre é a ferramenta ideal para coñecer as posibilidades do software libre na nosa comunidade.
Está estruturado en seis apartados nos que se abordan produtos, empresas e categorías entre as que navegar é sinxelo para atopar o que o usuario precisa. A táboa cruzada de empresas e categorías permite relacionar dun xeito rápido e visual as empresas e categorías de produtos e servizos que ofrecen.
Beneficios do catálogo
O Catálogo de Produtos e Servizos TIC baseados en Software libre posúe certas vantaxes que che poden axudar no teu día a día:
- Permitirache identificar produtos dunha maneira sinxela
- Poderás contactar coas empresas axeitadas para as túas necesidades informáticas
- Localiza xeográficamente a empresa que máis che interese para o teu caso concreto.
- Fomenta o uso do software libre
- Fomentar o ecosistema empresarial que se adica ao software libre e a súa relación cos públicos aos que se dirixe
Amplía información sobre o software libre en Galicia nas seguintes ligazóns
- Agasol http://www.agasol.org/
- Mancomún http://www.mancomun.org/


Pingback: Que é o open data?