10 anos e 10 erros de Facebook

Facebook_10anos

imaxe trecebits.com

En Xente Dixital decidimos pasar a semana no Facebook. A rede social máis popular do mundo, con máis de 1.230 millóns de usuarios, acaba de cumprir 10 anos e é momento de facer balance. Para empezar, recollemos 10 erros ou tarefas pendentes que, sen embargo, non impiden que sigan medrando en número de usuarios.

  1. O móbil. Os que nos conectamos dende o móbil aínda non conseguimos unha experiencia satisfactoria. A versión web non se adapta a todos os dispositivos e a aplicación oficial ten limitacións.
  2. As aplicacións. Coñecedes Poke ou Paper? Son apps para acceder a Facebook que non teñen unha utilidade clara. Ademais atopámonos con problemas para desetiquetar unha foto ou para recibir ou desactivar notificacións.
  3. Mensaxería. Facebook chegou tarde ao mundo da mensaxería instantánea. Para chatear cos nosos contactos de Facebook temos que descargar Messenger e para entrar a Messenger temos que saír de Facebook. O penúltimo paso foi mercar Whatsapp e a dúbida é como nos vai afectar.
  4. A privacidade. Facebook non facilita o control de privacidade, temos que controlar actualización a actualización con quen compartimos contido nesta rede social. Por outra banda invítanos a seguir a actividade dos nosos amigos: que comentan, que música escoitan, a que xogan, etc. Algún de vós podería comentar, e non lle faltaría razón, que para non compartir ese tipo de información, mellor non estar en Facebook.
  5. Cambios sorpresa. É a rede social máis popular pero non é precisamente estable. Cada pouco temos que acostumarnos a un novo Facebook. Entre os profesionais da comunicación online que traballan creando contido en Facebook ou analizando as estatísticas, o malestar aínda é maior.
  6. Deixar Facebook. Non ides a probar pero se algún día o facedes, tende en conta que é un proceso longo e cheo de preguntas. E que a vosa conta non desaparece, “inactívase” por se un día decidides volver.
  7. De usuarios falecidos. Cando alguén morre e o notificamos (temos que demostrar o vínculo co usuario falecido), Facebook convirte o seu perfil nun lugar no que homenaxealo. E as notificacións de amigos que faleceron mestúranse coas dos aniversarios cercanos. A algúns aínda nos custa empregar Facebook para algunhas cousas.
  8. Difícil de limpar. É moi doado dicir que nos gusta unha marca ou un grupo de música. Pero non é doado poñer o Facebook ao día e actualizar gustos, ou desvincularnos de eventos ou grupos aos que fomos invitados.
  9. Mercar e pechar. Que teñen en común Push Pop Press, Friend Feed ou Friendster? Son empresas mercadas por Facebook para ampliar coñecementos e habilidades ou para acabar coa competencia pola vía rápida, como prefirades.
  10. Rexistrarse vía Facebook. Todos nos rexistramos en aplicacións como Pinterest ou Instagram vía Facebook; é moito máis rápido que se temos que introducir un correo electrónico e un contrasinal. Pero que faga un comentario quen saiba que fai Facebook ou a aplicación con toda a información que lle estamos a dar.

Fonte El País Tecnología.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.