A aplicación do mes: Camiño de Santiago en Galicia

caminosant

A Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo acaban de presentar unha aplicación móbil que inclúe información, en castelán e en inglés, sobre nove etapas do Camiño en Galicia.

A través da app pódese acceder a recursos multimedia e compartir contidos nas redes sociais, así como valorar recursos a través dun sistema de check-in e puntuación con estrelas. Tamén se pode obter información sobre eventos, meteoroloxía ou empregar ferramentas como unha brúxula ou unha lanterna.

Está dispoñible, polo momento, para dispositivos Android, aínda que pronto poderá descargarse en dispositivos con sistema operativo iOS.

Antes que Camiño de Santiago en Galicia…, Bono Iacobus

Seguro que coñecedes Bono Iacobus. É un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago. Ofrece sete rutas distintas para desfrutar do Camiño; permite percorrer as distintas vías por etapas e aloxarse cada día nunha casa de turismo rural diferente. O prezo inclúe aloxamento, ceas, almorzos e traslados en coche dende os establecementos rurais ata o inicio e o fin de cada etapa.

A app, dispoñible para Android e iOS, permítenos acceder a información detallada das diferentes rutas: prezos, duración, distancias, etc. Inclúe textos descriptivos de cada etapa e información gráfica de perfil da ruta e de localización en mapa. Ademais temos acceso a datos e fotos dos establecementos e podemos poñernos en contacto co Centro de Información para resolver as posibles dúbidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.