Facebook, 10 anos despois

Facebook1

Non lembro como faciamos antes para comunicarnos ou intercambiar fotos e vídeos; parécenos que estamos conectados a Facebook dende sempre e a realidade é que acaba de cumprir 10 anos.

Hoxe suma 1.230 millóns de usuarios. Sabiades que naceu cando Mark Zuckerberg e os seus amigos presentaron na Universidade de Harvard unha plataforma para poñer en contacto aos estudantes da universidade? En 10 meses xa contaba cun millón de usuarios e iso que era unha rede de acceso limitado; non se permitiu o rexistro libre ata setembro do 2006.

Outra curiosidade: as fotos chegaron a Facebook en outubro do 2005. Hoxe estímase que conta con 400.000 millóns de fotos compartidas entre os seus perfís. Se empezabamos a semana repasando os erros máis importantes cometidos por Facebook nestes 10 anos, a facilidade para compartir fotos e vídeos entre amigos é unha das vantaxes máis valoradas.

Outro fito destacable foi a chegada das empresas e das marcas, das fan pages, e da plataforma publicitaria no ano 2007. No 2014 hai máis de 25 millóns de páxinas de pequenas e medianas empresas rexistradas.

O penúltimo paso deuse no 2008 coa implementación do chat na plataforma. Actividade que se desenvolveu especialmente nos dispositivos móbiles; o 19 % dos usuarios de Facebook enviamos mensaxes privadas aos nosos amigos a diario.

faceboook_puromarketing

Infografía puromarketing.com

Os perfil dos usuarios de Facebook

Que temos en común os 1.230 millóns de usuarios de Facebook? Non é doado sabelo. Pero si podemos repasar algúns datos interesantes que debuxan un perfil aproximado.

Podiamos supoñelo pero non deixa de sorprender que o 81% dos usuarios está fóra dos Estados Unidos. A metade dos que temos un perfil en Facebook temos máis de 200 amigos; o 39% ten entre 1 e 100 e un 15% ten máis de 500. Triunfa, sobre todo, entre a xente nova: o 27% das persoas de entre 18 e 29 anos ten máis de 500 amigos; o 72% máis de 65 anos non chega aos 100.

Fonte Puro Marketing.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.