Guía práctica | Slideshare

slideshare

Pode que moitos de vós pensedes que non coñecedes Slideshare, ou que vos sorprenda que a incluamos na lista de guías prácticas de redes sociais. Pero seguro que consultastes ou compartistes algunha presentación subida a Slideshare por algún dos seus usuarios.

Defínense como unha comunidade na que compartir presentacións e outro contido profesional; podedes compartir presentacións, documentos, infografías, PDFs e incluso vídeos. Para subir vídeos necesitamos unha conta PRO pola que teremos que pagar 19$ ao mes.

Explorar

Ademais de subir e compartir unha presentación ou un documento cos vosos seguidores, podedes explorar Slideshare para atopar contido de interese. Diferénciase entre featured (contido destacado), popular (máis compartido noutras redes sociais) e most liked (presentacións con máis likes).

Tamén podemos explorar por categoría (deseño, educacón, ocio, etc.), tipo de contido (presentacións, infografías, documentos, vídeos, etc.), lingua e data.

Perfil e monitorización de resultados

analytics-carousel-1

Estatísticas Slideshare

Slideshare permítevos editar cando necesitedes a información de perfil; podedes cambiar a foto de perfil, a información persoal (nome, descrición, páxina web, etc.) e a de contacto (correo electrónico, enderezo e enlaces aos perfís noutras redes sociais).

Pero Slideshare emprégase, sobre todo, como rede social profesional. É fundamental controlar o éxito das publicacións que facemos. Se temos unha conta PRO poderemos accedes ás estatísticas e ver cantos usuarios viron ou compartiron unha presentación, como chegaron ata nós, etc.

Non esquezas que…

Empezabamos a semana chamando a atención sobre algunhas características moi criticadas en Facebook. Preguntabamonos cal era o prezo a pagar por rexistrarse tan rapidamente vía Facebook nalgunhas aplicacións web. Un exemplo pode ser Slideshare; cómpre coidar que contido subimos, revisar termos de uso e política de privacidade, e coidar que presentacións compartimos en que redes sociais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.