Facebook ata cando?

Facebook_error

Cantas veces lestes iso de que a fin de Facebook estaba próxima? Que se a xente está cansa de navegar en Facebook, que se non soportamos a publicidade nesta rede social… Realidade ou informacións da competencia, algúns erros importantes ou o escaso éxito na bolsa, por exemplo, invitan á reflexión.

Financial Times publicaba a mediados do ano pasado, datos que reflexaban a evolución (ou involución, segundo se mire) de Facebook en bolsa. A culpa do escaso valor das súas accións téñeno as moitas dúbidas que xera o modelo publicitario; máis da metade dos usuarios non fai clic nos anuncios e o cotizado ROI (retorno de inversión) en redes sociais, é un obxectivo aínda moi lonxano. Pero que hai no outro prato da balanza?

Futuro móbil

O primeiro iPhone vendeuse no 2007; 7 anos despois, xa se venderon máis de 1.000 millóns de smartphones. Expansion.com recollía hai pouco as declaracións de Nicola Mendelsohn (executiva de Facebook para Europa, Oriente Medio e África) quen asegura que “a oportunidade de estar aí cando os 1.000 millóns se convirtan en 5.000, é un reto que nos inspira e entusiasma”. Por outra banda, asegura que os usuarios non se están cansando de Facebook. Que medran o número de rexistros e a cantidade de contidos que se comparten.

Na actualidade, Facebook ten máis de 1.190 millóns de usuarios únicos ao mes dos que máis de 800 millóns se conectan a través de smartphones e tabletas. En España conéctanse todos os días máis de 12 millóns de persoas; 8,1 millóns o fan a través dos dispositivos móbiles.

Aposta pola realidade virtual

Esta semana Marck Zuckerberg desvelaba a aposta de futuro da compañía: “a plataforma social xamais creada”, baseada na tecnoloxía da realidade virtual.

Para iso acaba de mercar Oculus VR, compañía pioneira no desenvolvemento de prototipos de visores de realidade virtual para videoxogos. Nunha primeira fase o obxectivo será convertir en realidade os plans de Oculus de prover aos afecionados aos videoxogos dunha ferramenta de inmersión en realidade virtual. Máis adiante, Zuckerberg imaxina a un grupo de estudantes asistindo a unha mesma clase sen que ningún teña que moverse da súa casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.