Pensache en conectarte á rede vía satélite?

autronic

Foto autronic.net

A Xunta acaba de abrir a terceira convocatoria de axudas para contratar internet de banda larga vía satélite nas zonas máis illadas de Galicia. Esta medida, que complementa ás convocatorias de 2012 e 2013 das que se beneficiaron máis de 1.400 usuarios, é unha actuación do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, que desenvolve a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Non é a primeira vez que chamamos a atención sobre esta posibilidade; nalgunhas zonas de Galicia non é doado conectarse á rede a través dos operadores de telefonía habituais pero podedes facelo vía satélite e por un prezo similar.

Os beneficiarios das axudas serán, de novo, fogares e empresas con enderezo en Galicia que non dispoñan de acceso á rede de cando menos 2Mbps. O programa establece unha única subvención por enderezo para sufragar gastos de instalación e equipamento, cunha contía máxima de 150€ e condicionada á contratación dun servizo de 2Mbps como mínimo cun período de permanencia de 12 meses.

Os interesados en acceder ás axudas deben contratar o servizo a través dalgunha das entidades colaboradoras: Quantis, Duo Telecom, Eurona, Intermax ou Terrachá Technology. Estas asumirán a alta de liña e o importe da tarifa do primeiro mes.

O prazo de presentación de solicitudes a través das entidades colaboradoras remata o próximo 30 de agosto. Este mércores entrevistamos a Belén Ferreiro, da Área de Sociedade Dixital da Amtega; os efectos do Plan de Banda Larga ou as actuacións da Amtega en áreas rurais, entre outros temas, estarán na lista de preguntas.

2 comentarios

  1. Xurxo

    Gran invento o Internet por satélite… Levo dous anos utilizandoo e nada que ver co que tiña antes. Eú contratéino con unha empresa que se non me equivoco é distribuidora de Eurona. A verdade que se portaron moi ben conmigo, xestionaronme a subvención e o tecnico que vino a instalar a antena foi moi profesional.
    Creo que son os de esta páxina: http://www.internet-satelite.eu/

    Os outros que aparecen no ártigo non os coñezo.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.