3 apps para as rebaixas

Existen páxinas web como a da Organización de Consumidores e Usuarios, a OCU, nas que recoller consellos interesantes antes de ir de rebaixas aos centros comerciais ou ás tendas online. Podemos mercar nas páxinas oficiais das marcas ou en páxinas especializadas en moda, tecnoloxía… A vantaxe neste caso é a posibilidade de comparar prezos entre unhas e outras.

Más alá das tendas online, existen páxinas web e foros especializados nos que podemos informarnos e incluso chatear con outros usuarios antes de engadir ningún produto ao carriño.

Pero xa sabedes que en Xente Dixital sentimos debilidade polas aplicacións móbiles. Presentámosvos algunhas apps que vos van axudar nas primeiras rebaixas do ano.

Discount Free

discountfree

Aplicación moi sinxela e perfecta para calcular o desconto dos produtos: introducimos o prezo e a porcentaxe de desconto e dinos o prezo final e os cartos que aforramos.

Busca ofertas

buscaofertas

Aplicación para buscar ofertas e comparar prezos entre milleiros de tendas. Podemos buscar por nome ou ler o código de barras co noso smartphone para chegar á oferta que máis nos interese. Incluso podemos crear alertas que nos indiquen que o prezo dun produto baixou ata a cantidade que estamos dispostos a pagar.

Supermoda

supermoda

Cando pensamos nas rebaixas pensamos, sobre todo, en renovar o contido do noso armario. Esta app permite buscar e comparar entre a oferta das marcas máis populares. Podemos buscar por tenda ou a través do comparador, filtrando por xénero e por categoría de produto. Ademais podemos acceder á páxina da tenda para mercar o artigo no que estamos interesados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.