Guía práctica | Facebook para empresas

facebookempresas

En Xente Dixital xa vos contamos que é Facebook, como crear unha conta, como buscar amigos, como publicar contidos, etc. Pero Facebook, como outras redes sociais, é unha ferramenta de comunicación para calquera empresa. O primeiro paso: escoller cal das categorías da imaxe se adapta mellor ao noso caso. Repasamos algúns conceptos importantes:

  • Configuración da páxina. Os usuarios fan clic en “gústame” nunha páxina para seguir as súas actualizacións. Para atraer público á nosa páxina temos que coidar a foto de perfil (debería ser o logotipo) e a foto de portada, e publicar contido interesante que comparta a xente que xa nos segue. Cando creamos a páxina é importante solicitar un enderezo web de Facebook: facebook.com/nomedaempresa. Por último, para gañar seguidores ao principio podemos invitar aos nosos amigos a que indiquen que lles gusta a páxina, subir unha lista de enderezos de correo electrónico de clientes aos que presentarlla, ou promocionala cun anuncio.
  • Publicación de contido. Os contidos dunha páxina de Facebook deben ser unha mestura de información de produto, información relacionada, eventos, etc. E debemos xogar con distintos tipos de actualizacións: texto máis enlaces, fotos ou vídeos. Con máis de 30 gústames xa podemos consultar as estatísticas da páxina.
  • Ubicación. Se ademais de na rede existimos no mundo real, é fundamental engadir o enderezo para favorecer a interacción cos usuarios en mobilidade. A xente que está na rúa emprega a opción “preto de ti” da app para saber que hai ao seu arredor.
  • Estatísticas. Dinnos quen nos segue, que tipo de publicación resulta máis interesante, a que hora do día nos prestan máis atención, etc. Unha análise básica das estatísticas vainos axudar a optimizar a estratexia de comunicación, a chegar a máis xente e dun xeito máis efectivo.

A publicidade en Facebook

Facebook Ads

Cunha pequena inversión nos anuncios de Fabook ou Facebook Ads. conseguiremos chegar máis rápido á xente interesada en nós; podemos segmentar os anuncios por ubicación, idade, intereses, etc. E podemos crear anuncios para distintos obxectivos: conseguir máis gústames na páxina de Facebook, máis vendas na web, chamar a atención sobre unha publicación en concreto, etc. Xestionalos é moi doado pero aínda así merecen post propio.

Non esquezas que…

… como usuario e como empresa é importante que coñezas a política de uso de datos de Facebook. Como emprega Facebook a información que recibe? Como compartes contido e como te poden atopar en Facebook? Non supón máis duns minutos e é máis importante do que parece.

4 comentarios

  1. Pingback: Guía práctica | 5 consellos para promocionar a vosa empresa en Facebook - Xente Dixital

  2. Pingback: Anuncios en Facebook, Twitter e Linkedin - Xente Dixital

  3. Pingback: Guía práctica | 10 consellos para aumentar o número de seguidores en Facebook - Xente Dixital

  4. Pingback: Guía práctica | Publicacións multilingües en Facebook - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.