Hoxe volvemos propoñervos 5 aplicacións que vos poden axudar para estudar ou traballar. Admitimos propostas.
Evernote
Dispoñible para Android e iOS, seguro que moitos xa a tedes instalada. Escribe e comparte notas ou listas de tarefas, organiza artigos da web, documentos e fotos, prepara xuntanzas, controla os teus gastos… É unha das apps máis populares con máis de 100 millóns de usuarios.
Idea Sketch
Tedes un iPad? Descargade Idea Sketch para crear diagramas e mapas conceptuais. Podedes crear nubes de ideas, listas de tarefas, facer organigramas, etc.
Trello
Traballades cun xestor de proxectos? Trello é unha boa opción para ter o traballo organizado. Creade proxectos e tarefas dentro de cada proxecto. Podedes asignar colaboradores a cada tarefa e subir fotos e vídeos, facer comentarios, etc. Fácil de usar e aplicación da que non poderedes prescindir.
Aldiko
Aplicación de lectura para Android cun gran catálogo de libros dixitais, con moitos libros gratuítos en diferentes idiomas entre os que escoller. Ferramentas? Podedes buscar algo no libro, tomar notas, seleccionar tamaño e tipo de letra, etc.
Voxy
Voxy é unha app perfecta para aprender idiomas, dispoñible para iOS e Android. Dispoñedes de leccións actualizadas todos os días, biblioteca de música, titores particulares… Pódese acceder ao curso dende o ordenador ou dende calquera dispositivo. Xa non hai excusa para non mellorar o noso nivel de inglés.



