5 trucos para aproveitar Google Calendar ao máximo

Organizarse o día a día é unha das claves para que o noso traballo salga mellor. Para iso podemos utilizar numerosas ferramentas e solucións. Normalmente cada persoa ten os seus métodos pero hai unha ferramenta en común: o calendario.

Unha das ferramentas  online de calendario máis utilizadas é Google  Calendar e hoxe traémosvos 5 trucos para aproveitar ao máximo a ferramenta de Google.

Engade aniversarios e festivos de maneira automática

Se lle dás a Google  Calendar acceso á túa axenda de contactos engadirá automaticamente as súas datas de aniversarios ao calendario. Ademais, tamén che permite configurar os festivos do calendario ata máis de cen países diferentes, aos que engadir ata catro capas de festividades relixiosas. Todo isto é opcional, polo que poderás desactivar os aniversarios de festivos e calendarios cando queiras.

Para configurar os festivos no móbil:

  • Abre o menú do lateral esquerdo.
  • Entra na opción Axustes que tes abaixo de todo.
  • Pulsa sobre a opción Festivos
  • Agora podes cambiar o teu país de festivos ou engadir festividades relixiosas

Para configurar os festivos no navegador:

  • Pulsa a icona da roda dentada
  • Entra na opción Configuración
  • Na columna esquerda, entra na opción Festivos en España ou os do teu país
  • Cambia a duración predeterminada dun evento

A duración por defecto dos eventos que creas desde o móbil é de 60 minutos. Isto é útil para configuralos rápido, pero incómodo se queres organizar o teu día en tarefas ou reunións curtas. Con todo, Google permíteche cambiar esta duración por defecto por outra que se axuste mellor a ti. Para iso só debes facer o seguinte:

  • Abre o menú do lateral esquerdo.
  • Entra na opción Axustes que tes abaixo de todo.
  • Pulsa sobre a opción Xeral
  • Agora pulsa en Duración predeterminada dos eventos
  • Aquí poderás cambiar esta duración predeterminada pola que queiras, desde 15 ata 120 minutos.

Usa o buscador

Se tes Google  Calendar cheo de notas, recordatorios e eventos, é posible que ás veces che sexa difícil lembrar cando tiñas asignada unha tarefa concreta. Para iso é moi útil lembrar que a aplicación ten un buscador interno que che aparecerá no menú lateral do móbil ou na parte superior da web.

Engade localizacións 

Cando estás a crear un evento tamén vas ter a opción de engadir unha localización específica para asocialo a ese lugar concreto. Isto é algo bastante útil para ir a concertos ou quedar con persoas en determinado sitio.

Facer isto ten varios beneficios. Para empezar, desde o evento poderás acceder á dirección onde tes a cita, algo que vén ben cando ti ou as outras persoas non sabedes onde é exactamente. E no puramente estético, cando fagas isto  Calendar tamén engadirá unha foto do lugar que engadiches ao evento.

Calendarios compartidos

Unha das grandes vantaxes da versión web de Google  Calendar é o fácil que é compartir calendarios con outras persoas. Desta maneira, se configuraches un calendario con varias datas poderás compartilo con calquera, tanto convidándolle como xerando unha ligazón para poder enviarllo por outro modo.

  • Ve á barra lateral esquerda de Calendar, na sección Os meus calendarios
  • Cando pases o rato sobre un deles aparecerá unha icona de tres puntos á dereita do nome
  • Pulsa esta icona de tres puntos, e no menú emerxente elixe Configurar e compartir
  • Na sección Compartir con determinadas persoas, pulsa en Engadir persoas para elixir con quen compartilo
  • Na sección Permisos de acceso, selecciona a opción Compartir publicamente se queres compartilo con alguén que non estea en Logo pulsa Crear ligazón para compartir para ter unha ligazón que lle poidas dar a calquera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.