A aplicación do mes: Teclado galego para Android, gañadora do concurso de apps de Faite Dixit@l!

tecladogalegoandroid

A aplicación ‘Teclado galego para Android’ foi a gañadora do ‘Primeiro Concurso Faite Dixit@l de Aplicacións Móbiles’. O concurso foi unha das actividades do proxecto de capacitación dixital Faite Dixit@l! do que vos falamos a finais de ano.

A app permite integrar en dispositivos móbiles un teclado especificamente desenvolvido para escritura en galego. Incorpora un dicionario nesta lingua para facilitar a predición do texto. O xurado valorou a orixinalidade e innovación da aplicación, a súa usabilidade e a satisfacción dunha necesidade social, entre outros factores.

Unha vez instalada a aplicación, guiaravos para seleccionar o teclado no apartado “idioma e introdución de texto”, nos axustes do voso dispositivo. Tamén se recomenda activar o corrector ortográfico en galego.

Xa non tedes que preocuparvos polas faltas ao escribir rápido en galego, o teclado indicaravos cal é a palabra que estades a buscar. Ademais podedes usar a escritura xestual: formar palabras facendo correr o dedo sobre a pantalla e unindo letras. Por último, é un teclado preditivo, canto máis se usa máis nos coñece. Suxírenos palabras mentres escribimos.

Por defecto, cando cambiedes o teclado de Google por este (ou por outro calquera) apareceravos un aviso de que a aplicación pode rexistrar datos persoais ou bancarios que introduzades cando escribides. Non obstante, os desenvolvedores desta aplicación aseguran que “a protección de privacidade dos nosos usuarios está totalmente asegurada xa que non almacenamos nada do que escribas”.

6 comentarios

  1. Noel

    O Primeiro que di a App cando é configurada é que pode memorizar contrasinais e números de conta bancaria… Isto é un risco… Que denso ten Isto?

    Reply
    1. xentedixital

      Esta advertencia faise con calquera aplicación deste tipo e os desenvolvedores aseguran que non gardan información persoal sobre nós. O mellor é non introducir este tipo de información nos dispositivos móbiles nos que ademais non adoitamos ter instalado un antivirus.

      Reply
  2. Pingback: Teclado galego para Android, gañadora do concurso de apps de Faite Dixit@l!

  3. Brian Habana

    não percebo para que alguém quer um teclado em galego se o sistema operativo está em espanhol 🙂

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.