A seguridade, requisito imprescindible para as compras online

foto infocux technologies

Foto Infocux Technologies

Esta semana volvemos a falarvos de seguridade na rede. O mércores entrevistaremos a Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG), para que nos dea algúns consellos para navegar con seguridade. Hoxe relacionamos este tema cunha das tendencias máis importantes de consumo na rede: as compras online.

Segundo o II Estudo de comercio electrónico en Europa realizado por Trusted Shops, España é un dos países europeos nos que maior importancia se outorga á fiabilidade das tendas online. No estudo participaron máis de 5.000 usuarios de Alemaña, España, Francia, Polonia e o Reino Unido.

8 de cada 10 internautas en España preocupámonos pola fiabilidade e a seguridade que unha tenda en liña debe ofrecer. No momento de escoller tenda, 3 de cada 4 consideramos a seguridade como importante ou moi importante; o único que inflúe máis na decisión de compra é o prezo. Máis da metade dos españois que navegan por internet coñecen a existencia dos selos de calidade para identificar rapidamente as webs de confianza.

Por outra banda, a situación económica provocou un cambio nas prioridades dos compradores online. Máis do 80% dámoslle importancia ao reembolso dos cartos ou á gratuidade dos gastos de envío.

Por último, o perfil do comprador español é o dun adulto de 38 anos aproximadamente que fai entre 1 e 2 compras ao mes, que coñece os selos de calidade e que recurre a recomendacións e redes sociais para escoller unha tenda antes de mercar un produto.

Fonte: PuroMarketing.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.