As pemes representan o 47% das tendas en liña

carro

Foto Infocux Technologies

A Escola de Negocios Foro Economía Dixital (FED) presentou o estudo “Ecommerce 2015: informe de evolución e perspectiva”. O informe parte dunha enquisa realizada utilizando o panel de mostra do Observatorio de Foro de Economía Dixital de máis de 4.500 tendas en liña.

Unha das primeiras conclusións é que máis do 80% dos eCommerce espera medrar durante este ano. Por outra banda, o 56% dos enquisados quere aumentar a súa presenza internacional; o 19% pretende vender en 3 ou máis países e o 25% nun ou en máis países.

Das 4.500 tendas, case o 60% quere incorporar novas vías de negocio e o 41% prefire continuar da mesma maneira. Que evolución das ventas se espera para este ano?

20151020_imaxe_1

Métodos de pagamento

A maioría usamos as tarxetas de crédito (88%). Aínda que a enquisa di que a metade dos compradores online prefiren PayPal como método de pago por seguridade e fiabilidade.

Cómpre destacar que máis da metade dos eCommerce conta con tenda física e que case un tercio non dispón de ningún punto de recollida. E que no 2014 aumentou a recollida en tenda física (55% fronte ao 35% do ano 2013).

Tendencias

A web móbil máis que unha tendencia é unha obriga; dispoñen dela o 58% das tendas. Si que son tendencias as vendas multicanal ou o showrooming (observar na tenda física para mercar online).

Sorprenderavos saber que as pemes dominan o sector do eCommerce. O colectivo que factura menos de 100.000€ é o máis numeroso e representa o 47% dos negocios online. O que factura máis dun millón representa o 22%.

Fonte: Osimga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.