Axenda Dixital de Galicia 2014 .gal: administración e cidadanía

Cemit_Verin

Aula CeMIT Verín

Comezabamos a semana facendo balance da Axenda Dixital 2014 .gal, repasando as principais actuacións feitas no sector tecnolóxico e en infraestruturas entre o 2009 e o 2013. Na segunda parte do balance atendemos a administración e a cidadanía.

Cambios na administración

Un dos eixos de actuación da Axenda Dixital é a modernización dos servizos públicos. Xa vos falamos da sede electónica da Xunta que permite resolver máis de 600 procedementos a través de internet. E do Rexistro Único; no 2013 había 35 oficinas de rexistro integradas e contabilizáranse máis de 840.000 entradas telemáticas. O Nodo de Interoperabilidade, que permite a interconexión entre a administración local, autonómica e estatal, rexistrou 322.000 consultas no 2013.

Ademais, en Xente Dixital presentámosvos algunhas das 10 aplicacións móbiles da Xunta. Por outra banda, no 2013 presentouse a aplicación eServizos que conta con información dos centros de servizos da administración galega.

Sanidade, educación e xustiza na Axenda Dixital

Galicia é unha das comunidades líderes en implantación de Historia Clínica Electrónica, da ereceita, dos sistemas de imaxe dixital e da telemedicina. Hoxe preto do 98% das receitas son tramitadas de modo electrónico e o 100% dos centros de atención primaria poden acceder á telemedicina. Ademais, o 10’5% das citas previas pedíronse por internet.

En canto á xustiza, destaca a posta en marcha de e-Xustiza, para facilitar relación da cidadanía coa administración xudicial. No ámbito educativo, destaca o Proxecto Abalar do que vos falamos en varios posts e que beneficia a preto de 45.000 alumnos.

Cidadanía dixital

buscador_avanzado_cemit

Buscador cemit.xunta.es

Xa escribimos e volveremos escribir sobre a Rede CeMIT: 98 aulas en 92 concellos que no 2013 ofreceron máis de 40.000 horas de formación dixital gratuíta.

Por último, non podemos esquecer o Programa de Voluntariado Dixital. Conta con 340 voluntarios e a participación de 78 entidades de acción social. As actividades do programa beneficiaron no 2013 a 4.300 persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.